os roteiros

DATAS: Podemos adaptar os roteiros ás datas que mellor veñan aos grupos (mínimo de 8 persoas, máximo de 20/25). As datas vanse fixando en función das preferencias da maioría das persoas que conforman un grupo.

ROTEIROS A PÉ

duración aproximada: 75 minutos.
saída e chegada: Punto Fortaleza (praia de Goián).
información: levar roupa e calzado axeitado, recomendable o uso de gorro.
prezo: 2 €/persoa.


ROTEIROS en BICI
duración aproximada: 3 horas - 3 horas e media.
saída e chegada: Punto Fortaleza (praia de Goián).
información: Recomendable levar gorro ou visera. A organización facilitará bicicletas para a realización do roteiro. Tamén podes vir coa túa bici, se prefires (nese caso o prezo é de 2 €).
prezo: 10 euros.

ROTEIROS en CANOA
duración aproximada: 3 horas - 3 horas e media.
saída e chegada: Punto Fortaleza (praia de Goián).
información: Cómpre presentar declaración de saber nadar. Levar calzado axeitado (que se poida mollar e que non haxa risco que de vaia río abaixo...), muda de roupa e calzado e protector solar.
prezo: 10 euros.