INTRODUCCIÓN


No verán de 2010, o Concello de Tomiño ofreceunos a oportunidade de coñecer un pouco máis do noso patrimonio cultural a través dunhas visitas guiadas por algunhas das fortificacións dos Sistema do Baixo Miño, centrándose no Forte de San Lourenzo, en Goián, como punto central das actividades.
Nun total de 10 visitas (a pé, en bicicleta ou en canoa) máis de 160 persoas coñeceron un pouco máis das fortificacións de Goián e Lovelhe.

No 2011 seguimos Descubrindo as Nosas Fortalezas, incorporando novas propostas como a Observación Astrónomica en San Lourenzo, que foi cancelada porque a chuvia tamén se quixo achegar esa noite. Pero gardamos a idea para os anos vindeiros!





2012 foi un ano de moitos trocos. O Espazo Fortaleza comezou a funcionar, e con esta intervención do Concello de Tomiño gañouse unha nova área de uso público na contorna de San Lourenzo, con canchas de futbol-praia e volei-praia, columpios e supresión de pista asfaltada na praia. As visitas para grupos pasaron a incluirse dentro do Punto Fortaleza, un servizo que durante os meses de xullo e agosto ofrece a posibilidad de facer uso gratuito de xogos, libros e revistas, recibir información turística e roteiros interpretados.


E 2013 é un ano de melloras. Estamos preparando un servizo de audioguías para visitar o Forte de San Lourenzo pola túa conta. Mantense o Punto Fortaleza (con novos xogos, revistas e libros) e ofrecendo información para coñecer Tomiño e desfrutar do río!